A Coruña21 celebrarase o 25 de febreiro de 2024
lll
17º-23º

A Coruña21 celebrarase o 25 de febreiro de 2024

A Coruña21 celebrarase o 25 de febreiro de 2024
A edición do ano pasado tivo moito éxito es este ano agardan repetilo | Patricia G. Fraga

Usuario

O medio maratón C21 xa ten data oficial no calendario de carreiras populares coruñesas do 2024: será o 25 de febreiro. Con esta carreira, o Concello da Coruña mantén o seu compromiso coa disputa dunha das probas desta distancia máis importantes de España.


A XVI edición do Medio Maratón Coruña21 contará cunha distancia homologada pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) de 21.097,50 metros e estará incluída no calendario oficial das competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e da RFEA. 


O circuíto será totalmente urbano, o que permitirá a consecución de boas marcas persoais dos e das atletas, e publicarase xunto co regulamento da proba na páxina www.carreirasgalegas.com.


A carreira estará baixo o control técnico do Comité Nacional de Xuíces da RFEA e do Comité Galego de Xuíces da FGA. Espérase a participación de destacados atletas do circuíto nacional, que estarán repartidos en 10 categorías: sub-20, sub-23, Sénior, sete categorías Máster e unha de atletas con discapacidade. 


A proba repartirá máis de 15.000 euros en premios aos mellores clasificados, incluíndo un premio especial de 1.000 euros á persoa que consiga bater o récord da C21, fixado en 1 hora, 1 minuto e 40 segundos na categoría masculina e 1 hora, 11 minutos e 16 segundos na categoría feminina.


Por outra banda, un ano máis, o Concello da Coruña aposta pola celebración simultánea dunha proba 5K, que comezará ás 9.35 horas, cinco minutos despois da saída da carreira C21. Percorrerá unha parte do trazado do medio maratón, con saída desde o Obelisco para ambas probas. As inscricións ábrense este martes, 12 de decembro, en www.carreirasgalegas.com. 

A Coruña21 celebrarase o 25 de febreiro de 2024

Te puede interesar